Por Galicia Confidencial | Verín | 12/10/2020 | Actualizada ás 12:53
A práctica totalidade dos bares da vila de Verín pecharán, de maneira voluntaria e consensuada co rexedor verinés, Gerardo Seoane, até o próximo día 23 de outubro para tentar, entre todos, conter o avance da pandemia no municipio.
Foi o grupo de Goberno quen mantivo un contacto directo con cada un dos bares da localidade para expor a gravidade da situación epidemiolóxica do municipio e solicitarlles a súa colaboración. A maioría dos establecementos -os restaurantes si permanecerán abertos- secundaron a medida, que xa foi posta en coñecemento das autoridades sanitarias, tal e como informa DdT.
Esta mesma mañá tiña lugar un encontro entre o rexedor Gerardo Seoane e unha quincena de propietarios do sector para explicarlles a medida, que contará cun apoio económico por parte das arcas municipais para compensar a caída dos ingresos -xa de seu moi minguados- que sufrirán os empresarios do sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.