Atopan unha nova especie de libélula africana en Galicia que confirma a intensificación do cambio climático

Os naturalistas Cesar Ayres e Miguel Dominguez-Costas, membros da AHE-Galicia (Asociacion Herpetologica Española) veñen de descubrir un tipo de libélula que ata agora só se vira en zonas cálidas do sur e centro da península. Xa é a especie 56 atopada.

Por Xurxo Salgado | Arbo | 12/10/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O cambio climático semella imparable en Galicia. E diso parece dar conta a aparición de especies típicas de climas moito máis cálidos. De feito, así parece demostralo o achado dunha libélula. Pero non é unha libélula calquera, tratase dunha Diplacodes lefebvrii, coñecida comunmente como percher negro ou skimmer negro. É unha especie común nativa da maioría de África e o sur de Eurasia e nunca se atopara en Galicia... Ata agora.

A libélula Diplacodes lefebvrii, coñecida comunmente como percher negro ou skimmer negro, acaba de ser atopada en Galicia
A libélula Diplacodes lefebvrii, coñecida comunmente como percher negro ou skimmer negro, acaba de ser atopada en Galicia

Os naturalistas César Ayres e Miguel Domínguez-Costas, membros da AHE-Galicia (Asociacion Herpetologica Española) acaban de facer un gran descubrimento. O pasado 14 de xullo detectaron unha diplacodes  lefebvrii nun  humidal  preto  do  río  Miño, no concello  das  Neves. "Traballamos bastante nesa zona investigando poboacións de herpetos (anfibios e reptiles), e nunha das charcas que visitamos localizamos a esta especie. Despois buscamos a especie noutras zonas húmidas do tramo final do Miño, pero non localizamos máis exemplares", afirman en declaracións a Galicia Confidencial.

Esta especie semella estar expandíndose cara o Norte en varias  rexións  mediterráneas,  incluíndo  a  Península  Ibérica. "Pero ata agora só estaba citada a súa presenza no Centro e Sur da Península Ibérica, pero non en zonas tan o norte como Galicia", recoñecen os naturistas.

A NOVA ESPECIE, A 56, DE GALICIA

O novo achado  representa  o descubrimento dunha  nova  especie  para  odonatofauna  galega -- a especie 56-- e os investigadores destacan que "é preciso  máis  traballo  de  campo  para  determinar  a  súa  distribución en Galicia". "Polo momento é cedo para saber se esta especie conseguirá expandirse ou non, e as posibles interaccións con outras especies", comentan Cesar Ayres e Miguel Domínguez-Costa.

O seu descubrimento apunta tamén á posibilidade de que o cambio climático xa é unha realidade e poida estar estar detrás da migración de certas especies. "É o primeiro avistamento en Galicia, aínda que logo relocalizamos a especie máis veces na mesma zona. As citas mais cercanas semella que estaban na zona de Coimbra en Portugal e o centro de España", indican.

Estes naturalistas destacan que a zona do Miño ten moita influenza mediterranea, e a subida das temperaturas favorece a expansión das especies ligadas a este tipo de clima. De feito, lembran que nesta zona tamén foi detectada por primeira vez en Galicia a presenza doutra   libélula  de procedencia africana, aTrithemis annulata, que xa se expandiu de xeito natural
por Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta