A covid avanza sen pausa con outros 238 contaxios nas últimas 24 horas

95 corresponden á área de Ourense, que segue como a máis afectada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Galicia rexistra outros 238 casos de Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 95 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e 34 na de Santiago e Barbanza. Os casos activos na Comunidade galega soben a 4.514, o que supón 40 máis que os contabilizados este luns.

Así se reflicte na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá deste martes con datos recollidos ata as 18,00 horas do luns, dos que se constata que ata a data curáronse 22.123 pacientes, o que supón 199 que os contabilizados o día anterior.

Os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas sitúanse en 95 na de Ourense; 40 na de Vigo; 34 na de Santiago e Barbanza; 26 na de Lugo; 23 na de Pontevedra e O Salnés; 14 na da Coruña e Cee; e seis en Ferrol

Segundo os datos publicados polo Sergas, os casos activos de Covid soben na Comunidade galega con respecto ao luns nas áreas sanitarias de Ourense ata os 1.567 (+55); Vigo, que ten 496 (+29 máis); Lugo, que conta con 477 (17 máis); e Santiago, que se sitúa en 621 (+3).

Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PICASA/ SERGAS - Arquivo / Europa Press
Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PICASA/ SERGAS - Arquivo / Europa Press

CORUÑA, PONTEVEDRA E FERROL, Á BAIXA

Mentres, os casos activos descenden nas áreas da Coruña ata os 745 (-21); Pontevedra e O Salnés, que conta con 469 (-42) e na de Ferrol que baixa nun ata os 136. As persoas con Covid-19 falecidas en Galicia sitúanse en 786. A última vítima ata a data notificouse o luns, en relación ao falecemento na residencia de maiores Vos Gozos de Pereiro de Aguiar dun home de 84 anos con patoloxías previas.

Ata a data realizouse en Galicia 556.927 PCR con respecto ás 553.544 contabilizadas ata este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta