Adeus ás cestas de Nadal: Navantia Ferrol substituirá a súa por un vale de 90 euros pola Covid

Será remitido aos domicilios dos beneficiarios para que poidan facer unha compra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Navantia Ferrol substituirá este Nadal a tradicional entrega dunha cesta con produtos típicos desta época do ano por un vale, que terá un importe de 90 euros, por mor da situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Así o decidiron responsables do estaleiro ferrolán e representantes sindicais, nun documento ao que tivo acceso Europa Press.

Con "carácter excepcional" establécese que en lugar de entregar unha "cesta física" composta polos produtos habituais, remitirase por correo postal un vale para que consuman nos establecementos do provedor que resulte adxudicatario. A data de caducidade do billete será o 10 de xaneiro de 2021.

Segundo o convenio colectivo da empresa naval publica teñen dereito a obsequio de Nadal os traballadores en activo, prexubilados, xubilados e tamén os viúvos e viúvas dos operarios que no seu momento pertenceron a esta compañía.

Cestas de Nadal
Cestas de Nadal | Fonte: navipack

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta