Educación mantén o cese da exdirectora do CEIP Luís Seoane de Oleiros a pesar das peticións

Insiste en que a súa dimisión está provocada pola "perda de confianza".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/10/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, vinculou a dimisión da exdirectora do CEIP Luís Seoane de Oleiros con "perda de confianza" e descartou que estea relacionado co esquecemento dun menor de catro anos no bus escolar o pasado 29 de setembro.

"A directora non tivo responsabilidade no abandono do neno, si responsabilidade en non avisar en tempo, forma e prazo", defendeu o conselleiro a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa visita ao covid-auto escola do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Por outra banda, o titular de Educación instou a respectar "as decisións dos funcionarios públicos", dixo en alusión á inspectora de Educación e a xefatura territorial. Preguntado se non hai marcha atrás na decisión, como piden desde a comunidade educativa do centro, respondeu que sería como dicir "a un funcionario que a súa decisión pode estar sometida a presións políticas".

IES Luís Seoane de Oleiros
IES Luís Seoane de Oleiros | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta