Luz verde á primeira fase do plan de despregamento da fibra óptica na zona vella de Santiago

A encargada é Orange/Jazztel.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2020 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A xunta de goberno local de Santiago acordou a concesión da licenza para executar a primeira fase do plan de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica, por parte de Orange/Jazztel.

Parte da Zona Vella de Santiago
Parte da Zona Vella de Santiago | Fonte: Wikipedia

Esta fase un, segundo explica o Concello, incumbe á rúa do Franco e a do Vilar. Os traballos contarán cun orzamento de execución de case 40.000 euros.

Por outra banda, a proposta do concelleiro de educación, a xunta de goberno local aprobou o expediente do servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da escola municipal de música de Santiago.

Exposto polo edil de mobilidade, tamén se deu luz verde á contratación da poxa dos obxectos perdidos na vía pública depositados na Policía Local.

Entre os convenios aprobados para 2020 figuran varios do departamento de acción cultural: co Museo do Pobo Galego por un importe de 30.000 euros, coa Fundación Torrente Ballester por 10.000 e coa Casa da Troia e coa Fundación Rosalía de Castro por 5.000 euros cada un deles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta