Un accidente na Illa de Arousa deixa un morto e tres feridos

O suceso tivo lugar na medianoite do martes.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/10/2020 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Un home faleceu e outro tres resultaron feridos nun accidente sucedido sobre medianoite no municipio da Illa de Arousa ao saírse un vehículo da vía.

Segundo informou o 112, tivo coñecemento dun accidente de tráfico na Illa de Arousa que finalizou cunha persoa falecida e outro tres feridas. Así o confirmou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se desprazou ao lugar do sinistro tras recibir o servizo de emerxencias a chamada de alerta dunha persoa particular.

A persoa que alertou indicou que o accidente, unha saída de vía dun vehículo, produciuse pasada a medianoite deste mércores na rotonda de acceso á vila, na estrada PO-307.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil de Tráfico que, pouco tempo despois, confirmaron o falecemento dun ocupante, mentres que os outros tres resultaron feridos de diversa consideración.

Este operativo contou coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados que, unha vez no lugar dos feitos, advertiron da gravidade do suceso. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como persoal sanitario da PAC de Cambados para atender a catro pacientes.

En concreto, o persoal do 061 confirmou o falecemento no punto dun home de 54 anos, J.D.M.; mentres que outros dous homes foron evacuados ao Hospital do Salnés: D.V.P., de 40 anos e A.D.J., de 18. Pola súa banda, foi levado á PAC de Cambadados R.V.P., de 40 anos, confirmaron fontes sanitarias.

Imaxe de arquivo dun accidente mortal.. GARDA CIVIL
Imaxe de arquivo dun accidente mortal.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta