O incendio dun camión queima parte do tendido eléctrico dun rueiro en Padrón

O vehículo ía cargado de cartón. Non houbo que lamentar feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

O incendio nun camión cargado de cartón na mañá deste mércores no municipio de Padrón (A Coruña) causou danos materiais, pero saldouse sen feridos. Segundo informou o 112 Galicia, este suceso saldouse "sen feridos, pero con danos materiais importantes". En concreto, tratouse dun camión cargado con cartón, que comezou a arder na Rúa Castelao.

A rápida intervención dos membros do GES da localidade, relataron as mesmas fontes, permitiu extinguir o lume en pouco tempo pero, con todo, "botouse a perder toda a carga do camión e o incendio chegou a afectar os cables de subministración eléctrica da zona".

Isto, sinalou o servizo de emerxencias, "pode ocasionar problemas aos veciños", polo que o 112 Galicia informou á empresa encargada do servizo. Este operativo activouse pasados uns minutos das 7,00 horas deste mércores despois de recibir no 112 Galicia a chamada dunha persoa particular e do condutor do camión. Ás 8,00 horas o lume xa quedara extinguido.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: José Luís García- Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta