"Emocionarse e criminalizar non é razonable"

O presidente da Xunta critica a Beiras por emocionarse pero criminalizalo ao mesmo tempo e di que os "puños e manotazos non teñen cabida no Parlamento". Evita concretar cando informará dos contratos de Dorado á Xunta e di que será "de xeito inmediato".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachouse este xoves contra o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, a quen criticou por trasladar os "puños e manotazos" ao Parlamento. Por iso, suliñou que a súa emoción ao falar da droga --Beiras mesmo chorou na comparecencia de hai 15 días-- "non é razonable" se ao mesmo tempo o criminaliza.

Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE
Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo se ao igual que critica os "puños e manotazos", tamén critica a "emoción" dos parlamentarios e lembroulle que el mesmo aplaudía cando Fraga tamén se emocionaba e choraba na Cámara.  "Emocionarse é humano. Non teño nada en contra das persoas que se emocionan pero si en contra das que se emocionan e, a través da súa emoción, trasladan a outros responsables políticos unha relación, unha actividade noxenta e criminal como as drogas iso non é compatible. Emocionarse e criminalizar sistemáticamente non é razonable", foi a súa resposta.

"Prácticas antidemocráticas"

Previamente, o líder popular arremeteu contra Beiras a quen acusou de trasladar "prácticas antidemocráticas" á Cámara tras a decisión do líder de AGE de acudir o seu escano e dar unha puñada na mesa do presidente logo de que este se burlara del "polo zapato e por emocionarse tanto, tanto". "As imaxes son clarificadoras", dixo para suliñar que o Parlamento é o lugar no que se pode "acordar ou discrepar", pero non levar os "puños" e os lapotes. "Escoitei moitos descalificativos pero, desde logo, puños e manotazos non acepto e que non conten comipo para esas prácticas antidemocráticas", suliñou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que o debate na Cámara ten que ser con "argumentos e mesmo paixón", pero non con "agresión ou agresividade" e lamentou a escalada, dixo, "que están padecendo as institucións".

Non pide a dimisión

Sen embargo, e a diferencia do que fixeron este mércores a maior parte dos membros do seu Executivo, Feijóo evitou pedir, directamente a dimisión de Beiras. "Cada galego ten o seu propio criterio e hai cuestións que non se poden sobrepasar e hai deretios e obrigas e o que se pide é que non se crispe á sociedade", dixo.

Por iso, denunciou que se utilice a actual situación económica para "este tipo de comportamentos" porque, insistiu, "é antidemocrático". Por iso, suliñou que seguirá traballando para "garantir" o estado de dereito "pese a quen lle pese" e a pesares de que "algúns non o queiran". 

A escusa da puñada

Feijóo tamén se referiu aos contratos que a Xunta asinou coas empresas de Marcial Dorado durante os últimos 20 anos que era o que o martes lle preguntou a oposición e que non contestou. "Non puiden contestar porque un deputado deu unha puñada no meu escano", escusouse.

Así, suliñou que "ten urxencia en acreditar céntimo a céntimo" cales foron os contratos que Dorado recibiu da Xunta, tanto dos gobernos de Fraga, como dos do bipartito. "Será de xeito inmediato", dixo sen aclarar, novamente, cando será. 

Preguntado por El País sobre se se lle adxudicou algo ao narco galego sendo el alto cargo da Xunta, Feijóo respostou, "nin como conselleiro, nin como presidente". "Pero eu preguntolle cando vostede era alto cargo en Sanidade?", insistiu o xornalista Vázquez Hermida. "Cando demos a información será consellería por consellería", limitouse a responder Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

24 antiburras

Senhores españoagistas, ide come-lo caldo con Montero, Ferrín e Payo Lara.

23 antiantinacionalistas

Con tanta trapallada e despiste organizado pola "caiqueria mafisosil" do amigo Pache calquer cousa pode ser, onte estivo a defender "o vieiras", podria presentarse o octoxenario ancia como lider dos sociatos, todo pode ser posible, xa que vieiras foi militante historico dos socialistas expañois na Galiza, pode ser esta a figura de union dos sociatas para sacar os votos do despiste. Todo o mundo sabe xa as ameazas do vieiras a ferrolita con motivo das eleccions europeas xa dixo que ia ir a "nena comunista" sola, esto esta sendo iniciado por lopez rico, un traidor mais retorto que o cardeal richeliu.

22 Bruar

O PP dixo que iba a levar ao Parlamento as relacións contratuais entre o entramado de empresas de Marcial Dorado e a Xunta. Que o faga, seguimos esperando. A provocación a Beiras está aí e tal e cual, pero o PP dixo que iba presentar en seda parlamentar esas relacións. Que o faga. Montou un circo para entreternos e ganar tempo pero non cumpliu a palabra dada. Estamos esperando.

21 DigoEu

O que non é nada razoable é que a xente vote polo PP como autómatas unha e outra vez. Iso non é "razoable", iso é "aborregable". E niso estamos os paspáns dos galegos, o pobo máis ignorante e pa rvo de todo o estado español.

1 ssss

Estamos de acordo, e non aprendemos nada, mexan por nos e decimos que ... mexen mais.

2 Verme

E que realmente os galegos descenden dos parvos, si en vez de ser un protectorado madrileño foramos un estado americano seriamos Texas por aquilo de que son os que mais fardan de aplicar a pena de morte Como pobo semos patéticos

3 Orgulo galego

Home, pra parvos os comentarios coma os anteriores. Coma Texas di o outro, supoño que por influencias das películas de "jolivú". Precisamente Texas é o estado mais independentista de USA, os texanos teñen un alto indice de independentistas entre a sua poboación, froito de que ven esquilmar as suas riquezas por USA con pouco a cambio. Por certo, apèas un de cada 4 galegos con dereito a voto, votan polo PP, e a abstención nas últimas eleccións foi de preto do 50%, datos que extrapolados a media do estado español deixanos bastante ben.

4 DigoEu

Non, "Orgulo" galego. O teu "orgullo" debe de ser por sermos os galegos a nacionalidade diferenciada dentro de España que cando hai eleccións fai máis o ridículo con moita diferencia. Compara o voto galego co voto vasco ou catalán. Diferencia abismal, pero incluso se o comparamos coa media de España quedamos mal. Os que se absteñen, non contan, orgulloso galego. Ser galego, polo momento, non é motivo de orgullo nin de "orgullo" senón de vergoña.

5 DigoEu

Non, "Orgulo" galego. O teu "orgullo" debe de ser por sermos os galegos a nacionalidade diferenciada dentro de España que cando hai eleccións fai máis o ridículo con moita diferencia. Compara o voto galego co voto vasco ou catalán. Diferencia abismal, pero incluso se o comparamos coa media de España quedamos mal. Os que se absteñen, non contan, orgulloso galego. Ser galego, polo momento, non é motivo de orgullo nin de "orgullo" senón de vergoña.

6 DigoEu

Non, "Orgulo" galego. O teu "orgullo" debe de ser por sermos os galegos a nacionalidade diferenciada dentro de España que cando hai eleccións fai máis o ridículo con moita diferencia. Compara o voto galego co voto vasco ou catalán. Diferencia abismal, pero incluso se o comparamos coa media de España quedamos mal. Os que se absteñen, non contan, orgulloso galego. Ser galego, polo momento, non é motivo de orgullo nin de "orgullo" senón de vergoña.

7 Hata

O pobo é quen máis ordena non é? Ou cando nos convén somente jeje?

8 DigoEu

Hata: ¿O pobo ordena 6 millóns de parados, que boten a xente da súa casa e recortes sociais de todo tipo ou o pobo o que quere é que a riqueza estea ben repartida? ¿O pobo tamén ordena que o enganen cun programa electoral e se cumpra outro moi diferente? O pobo non ordena, o pobo está manipulado. A primeira necesidade dos galegos é desasnármonos.

20 antivieiras

A mais alta institución do poder xudicial, o valedor do pobo, acaba de legalizar os escarches, propoño un escarche en casa do vieiras (marquesado da reboraida) facebokjimeno.com (ji-ji) levade chiflos e libros de ensinanza primaria e cuadernillos matematicas de Rubio. O obxetivo e enseñar educación o Vieiras. Os lemas son: O do marquesado de Brión que aprenda educación, a vieira expañola e toxica de collons, vieiras dous mais dous son catro! vieiras traidor pasacheste o expañol