"Emocionarse e criminalizar non é razonable"

O presidente da Xunta critica a Beiras por emocionarse pero criminalizalo ao mesmo tempo e di que os "puños e manotazos non teñen cabida no Parlamento". Evita concretar cando informará dos contratos de Dorado á Xunta e di que será "de xeito inmediato".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachouse este xoves contra o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, a quen criticou por trasladar os "puños e manotazos" ao Parlamento. Por iso, suliñou que a súa emoción ao falar da droga --Beiras mesmo chorou na comparecencia de hai 15 días-- "non é razonable" se ao mesmo tempo o criminaliza.

Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE
Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo se ao igual que critica os "puños e manotazos", tamén critica a "emoción" dos parlamentarios e lembroulle que el mesmo aplaudía cando Fraga tamén se emocionaba e choraba na Cámara.  "Emocionarse é humano. Non teño nada en contra das persoas que se emocionan pero si en contra das que se emocionan e, a través da súa emoción, trasladan a outros responsables políticos unha relación, unha actividade noxenta e criminal como as drogas iso non é compatible. Emocionarse e criminalizar sistemáticamente non é razonable", foi a súa resposta.

"Prácticas antidemocráticas"

Previamente, o líder popular arremeteu contra Beiras a quen acusou de trasladar "prácticas antidemocráticas" á Cámara tras a decisión do líder de AGE de acudir o seu escano e dar unha puñada na mesa do presidente logo de que este se burlara del "polo zapato e por emocionarse tanto, tanto". "As imaxes son clarificadoras", dixo para suliñar que o Parlamento é o lugar no que se pode "acordar ou discrepar", pero non levar os "puños" e os lapotes. "Escoitei moitos descalificativos pero, desde logo, puños e manotazos non acepto e que non conten comipo para esas prácticas antidemocráticas", suliñou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que o debate na Cámara ten que ser con "argumentos e mesmo paixón", pero non con "agresión ou agresividade" e lamentou a escalada, dixo, "que están padecendo as institucións".

Non pide a dimisión

Sen embargo, e a diferencia do que fixeron este mércores a maior parte dos membros do seu Executivo, Feijóo evitou pedir, directamente a dimisión de Beiras. "Cada galego ten o seu propio criterio e hai cuestións que non se poden sobrepasar e hai deretios e obrigas e o que se pide é que non se crispe á sociedade", dixo.

Por iso, denunciou que se utilice a actual situación económica para "este tipo de comportamentos" porque, insistiu, "é antidemocrático". Por iso, suliñou que seguirá traballando para "garantir" o estado de dereito "pese a quen lle pese" e a pesares de que "algúns non o queiran". 

A escusa da puñada

Feijóo tamén se referiu aos contratos que a Xunta asinou coas empresas de Marcial Dorado durante os últimos 20 anos que era o que o martes lle preguntou a oposición e que non contestou. "Non puiden contestar porque un deputado deu unha puñada no meu escano", escusouse.

Así, suliñou que "ten urxencia en acreditar céntimo a céntimo" cales foron os contratos que Dorado recibiu da Xunta, tanto dos gobernos de Fraga, como dos do bipartito. "Será de xeito inmediato", dixo sen aclarar, novamente, cando será. 

Preguntado por El País sobre se se lle adxudicou algo ao narco galego sendo el alto cargo da Xunta, Feijóo respostou, "nin como conselleiro, nin como presidente". "Pero eu preguntolle cando vostede era alto cargo en Sanidade?", insistiu o xornalista Vázquez Hermida. "Cando demos a información será consellería por consellería", limitouse a responder Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

9 loitando

Por moito que falen ou deixen de falar hai unha cuestión moi clara. Que vai facer cando gobernen co problema mediático que hai neste país. Calquer actuación minimamente seria debe conlevar unha enorme reflexión sobre a manipulación dos medios. Gran erro do goberno de coalción de Touriño e Quintana. Todos deberán pagar a súa peaxe e con creces,

8 Cidadá

O puñazo de Beiras na mesa de Feijoo, representa a moit@s galeg@s e a moita xente de fóra de Galiza...........O demais é mediocridade e facerlle o xogo ao PP. Quen debe dimitir é Feijoo, nun país democrático despois do da foto non duraba nin cinco minutos no cargo. Actitudes como a do Sr. Beiras reconcíliannos a moitos cidadáns coa política.

7 Farinha

Onte falei cun amigo de Valencia (ata ali non chega moito de Galiza).Dixome que lle daria vergona ter a un presidente como Feijoo e que lle daba envexa un lider como Beiras. Feijoo xa non poderá ser presidente do Estado. Esta acabado. Grazas,Beiras

1 vaieven

Pois para Valencia, ala. A Italia non que xa está Bepo Grillo.

6 Roi Xordo

Ten razón Feijoo. O razonable é ser amigo do narco e non demitir.

5 Catoira

Momento dramático da vida política de Feijóo. Pensaba que ía escapar ás portadas dos xornais grazas á mediocridade do 90% dos parlamentarios,pero Beiras sacouno do burato. Grazas Beiras!