Para que serve o mapa de alertas da Xunta?

Sanidade aclara que o mapa é "orientativo" e non implica que se adopten restricións.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 14/10/2020 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aclarou que o mapa de alertas posto en marcha a semana pasada sobre o número de casos por municipio é "orientativo" e non implica que, no caso daqueles concellos marcados en vermello, se adopten restricións, xa que estas dependen doutros factores.

Así se pronunciou o titular de Sanidade en resposta aos medios nun acto celebrado este mércores no Parlamento de Galicia xunto co presidente do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices, e os portavoces dos grupos, no que se sumaron á campaña de vacinación da gripe.

Cuestionado sobre a ausencia de novas restricións en Santiago a pesar de figurar en 'vermello' no mapa de incidencia do virus, García Comesaña, dixo que os niveis que marca a infografía non teñen que ver coa adopción de medidas extraordinarias, xa que estas dependen de "outros" factores, mentres os mapas miden a "incidencia" en cada concello.

Así, sinalou que ambas as cuestións "van en paralelo pero non son o mesmo" e que o mapa establece "unha escala de cores" que é "orientativa" sobre a situación de cada concello, onde se adoptan medidas restritivas con base noutros aspectos.

DESCARTA PECHE PROVINCIA OURENSE

García Comesaña, que comparece na mañá deste mércores noutra rolda de prensa na que detallará as novas medidas acordadas polo comité clínico, tamén se pronunciou sobre a situación de Ourense, onde, segundo apuntou, os datos de contaxios presentan unha "boa tendencia".

Neste sentido, sinalou que, polo momento, a Consellería de Sanidade descarta o peche de toda a provincia de Ourense, aínda que emprazou a "estar alerta" e "ser previsores" ante a evolución da incidencia na capital e o resto de concellos.

Mapa de concellos por nivel de alerta con data 14 de outubro.. XUNTA
Mapa de concellos por nivel de alerta con data 14 de outubro.. XUNTA

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, e as deputadas Paula Prado (PP) e Olalla Rodil (BNG) nos corredores do Pazo do Hörreo. PARLAMENTO DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, e as deputadas Paula Prado (PP) e Olalla Rodil (BNG) nos corredores do Pazo do Hörreo. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta