Detido un mozo por roubar ferramentas nun edificio en obras na Coruña

O dedito xa contaba con antecedentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia



A Policía Nacional detivo un mozo con antecedentes na Coruña por un delito de roubo con forza nun edificio en obras, onde subtraeu ferramentas.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos producíronse o pasado día 7 de outubro, ao redor das 3,00 horas cando se recibiu unha chamada na Sala do 091 na que o prexudicado indicou que entraran no edificio en obras e que roubaban nel.

Dúas dotacións policiais apareceron no lugar inmediatamente e comprobaron que unha das portas do inmoble estaba tirada no chan. No interior do edificio localizaron, ademais, documentación persoal do autor dos feitos.

Tras realizar a procura do home no edificio e os seus arredores, conseguiron localizalo nas proximidades do mesmo, tras o que os axentes procederon á súa detención por un delito de roubo con forza.

O home tentara apropiarse de tres ferramentas da obra e que o prexudicado recoñeceu como propias, puntualizaron as mesmas fontes policiais.

O home arrestado, de 29 anos de idade, xa fora detido anteriormente por feitos similares.

Coche da Policía Nacional.. DELEGACIÓN
Coche da Policía Nacional.. DELEGACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta