O Consello Consultivo ratifica que son os concellos os que teñen que sancionar os incumprimentos da covid

Di que os alcaldes e alcaldesas "ostentan a competencia para a vixilancia, inspección e control".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Os concellos son os que teñen as competencias para incoar e sancionar as infraccións polas restricións derivadas da situación epidemiolóxica. Así, as administracións locais terán que aprobar unha ordenanza municipal.

Así o ratifica o Consello Consultivo por mor da consulta que elevou a Xunta a pasada semana, tras reunirse coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e despois de que a propia asesoría xurídica da Administración autonómica se pronunciara xa neste sentido.

O informe do Consello Consultivo sinala que os alcaldes e alcaldesas "ostentan a competencia para a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención do coronavirus", tanto as que establece o Estado como as de carácter autonómico.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao presidente da Fegamp, Alberto Varela ,en rolda de prensa tras a reunión entre Xunta e asociación de municipios galegos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao presidente da Fegamp, Alberto Varela ,en rolda de prensa tras a reunión entre Xunta e asociación de municipios galegos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta