Alianza entre empresas galegas para impulsar no mercado productos isotónicos 'made in Galicia'

O Grupo Zendal entrará no capital de Artio que aproveitarápara lanzar ao mercado novos produtos que xa ten desenvolvidos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/10/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O Grupo Zendal entra no capital de Artio, compañía de alimentación e rendemento deportivo que comercializa bebidas isotónicas elaboradas con auga de mar da costa de Galicia, do océano Atlántico.

"Con este novo investimento desde Zendal ampliamos o apoio a startups que ofrezan solucións innovadoras en negocios satélites á biotecnoloxía e a saúde, para acelerar o seu crecemento, apoiar aos emprendedores con máis talento e fortalecer o tecido industrial galego", afirmou Pablo Álvarez Freire, adxunto á Dirección do Grupo Zendal.

Segundo informa a compañía nun comunicado, esta inxección de capital permitirá a Artio impulsar o seu proxecto e executar a súa estratexia de negocio para as bebidas isotónicas que xa comercializa. Ademais, a entrada de Zendal no accionariado "facilitará o lanzamento ao mercado de novos produtos" vinculados á alimentación e ao rendemento deportivo que xa ten desenvolvidos.

O acordo entre Grupo Zendal e Artio supón un paso "moi relevante" porque "é difícil atopar un ecosistema de investimento de capital privado en Galicia que aposte por novas compañías que buscan facerse un oco desde a nosa comunidade autónoma". "O respaldo de Zendal, un referente mundial no ámbito da biotecnoloxía, permitiranos afianzar o noso proxecto e crecer son solidez; estamos moi agradecidos á confianza da compañía porriñesa", sinalou Pablo Dosil Rosende, un dos fundadores de Artio.

"Ademais da inxección económica, esta alianza virá acompañada de novos retos", asegura o directivo de Artio. E é que o grupo biofarmacéutico con sede no Porriño porá a súa infraestrutura ao servizo da compañía arousá para desenvolver produtos nutricionais, biolóxicos e probióticos de alto valor engadido.

COS DEPORTISTAS GALEGOS

Ambas as empresas estarán xuntas nas Olimpíadas de Tokio 2021. Farano da man de deportistas galegos que acudirán á cita olímpica e que a marca arousá converteu nos seus embaixadores por compartir "os mesmos valores que forman parte do ADN de Artio, como o sacrificio, a solidariedade e o compañeirismo".

Entre estes deportistas están a piragüista Teri Portela, primeira española en participar en seis Xogos Olímpicos; os regatistas Botín e Marra; o tetracampeón de Europa e tetracampeón do Mundo de parataekwondo Álex Vidal; ou os baloncestistas Agus Alejos e Shelley Cronau.

Imaxe dunha bebida isotónica de Artio.. XOSÉ DURÁN / ARTIO - Arquivo / Europa Press
Imaxe dunha bebida isotónica de Artio.. XOSÉ DURÁN / ARTIO - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta