Mariscadores da ría do Burgo esixen que o Goberno e a Xunta concreten o pago de compensacións polo dragado

Ademais, reclamaron que, cando empecen os traballos, se convoque unha mesa de control e seguimento do dragado.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/10/2020 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Os mariscadores da ría do Burgo reprocharon ao Goberno e á Xunta que "boten balóns fóra" en relación co pago das compensacións para o sector unha vez que se paralicen os plans de explotación cando se acometa o dragado da mesma.

Ademais, reclamaron que, cando empecen os traballos, se convoque unha mesa de control e seguimento do dragado. "Para estar informados de primeira man sobre como se desenvolven estes traballos", asegurou, nunha valoración sobre o posicionamento do sector, o representante da directiva de mariscadores a pé, Manuel Baldomir.

Tras a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do proxecto definitivo de dragado da ría do Burgo e o publicado tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG) en relación a esta actuación e a paralización dos plans de explotación, Baldomir criticou que estea sen concretar o pago das compensacións por esta paralización.

Por iso, dixo que hai uns días remitiron unha solicitude de reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; a Demarcación de Costas de Galicia e a Xunta, coa intención de que puidese celebrarse o 21 deste mes, sen que, segundo expuxo, tivesen resposta.

"Queremos unha solución, non sabemos que vai pasar connosco", sentenciou Baldomir, reclamando un acordo por parte de Goberno e Xunta para o pago das compensacións. "Botan balóns fose e nós somos a pelota", expuxo o representante dun colectivo con 49 mariscadores a pé e uns 30 á boia.

Protesta de mariscadores da ría do Burgo
Protesta de mariscadores da ría do Burgo | Fonte: CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta