Temas: SANIDADE FEIJóO

Feijóo di "respectar" a quen convocan protestas pola sanidade, pero defende que "nunca se investiu tanto"

O presidente da Xunta confía en que cando o Ministerio de Sanidade conte "todos os parámetros" e se poida "clasificar o nivel de eficacia" dos servizos autonómicos, o galego estará "dentro dos mellores".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/10/2020 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu en relación á manifestación convocada para este sábado en Pontevedra en defensa da sanidade pública que el "respecta" todas as opinións pero tamén avogou por "coñecer os datos" e remarcou que "en Galicia nunca se investiu tanto como agora en sanidade".

Feijóo
Feijóo | Fonte: Xunta de Galicia

"Nunca fixemos tantos hospitais e tantos centros de saúde. Nunca se aumentou tanto o equipamento, nin houbo tanto xente traballando no Servizo Galego de Saúde como agora", defendeu o presidente galego.

Si recoñeceu que na conxuntura actual, en urxencias ou noutros servizos "hai unha presión como consecuencia da covid-19" e "pode haber algunhas unidades con maior tensión sanitaria", pero defendeu que a "profesionalidade" dos sanitarios, que agradeceu, permite avanzar.

Así as cousas, mostrouse convencido de que cando o Ministerio de Sanidade conte "todos os parámetros" e se poida "clasificar o nivel de eficacia" dos servizos autonómicos, o galego estará "dentro dos mellores de España".

"E iso é grazas aos profesionais, aos que volvo agradecer o seu compromiso e vocación", resolveu.

Temas: SANIDADE FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta