Temas: SERGAS SAúDE 061

O 061 sinala a importancia de recoñecer os síntomas previos do paro cardíaco no día europeo desta doenza

Ademais, lembra a existencia dos programas 'RCP na Aula', 'Acode e Axuda', e os máis de 1.800 desfibriladores semiautomáticos externos dados de alta cos que conta Galicia para ser utilizados, en situación de necesidade, por calquera testemuña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O 061 sinala a importancia de recoñecer os síntomas previos, coincidindo coa conmemoración do día europeo da concienciación ante o paro cardíaco.

Así, subliña a importancia de coñecer eses síntomas e tamén as técnicas de reanimación cardiopulmonar, para poder "reaccionar con rapidez".

A Xunta, segundo lembra, a través da Consellería de Sanidade, aposta por "iniciativas que melloran a supervivencia á parada cardiorrespiratoria".

Entre elas, apunta ao programa 'RCP na Aula', 'Acode e Axuda', e os máis de 1.800 desfibriladores semiautomáticos externos dados de alta cos que conta Galicia para ser utilizados, en situación de necesidade, por calquera testemuña.

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

Temas: SERGAS SAúDE 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta