Un cadáver obriga a cortar un carril da AP-9 preto de Poio

As forzas da orde tiveron constancia do achado ao fío das 10,30 horas deste sábado no punto quilométrico 130.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/10/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A aparición dun cadáver na AP-9, á altura do municipio de Poio (Pontevedra), obrigou a cortar o carril dereito da autoestrada en dirección a Vigo.

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo
A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo

Segundo informan fontes do 112 Galicia, as forzas da orde tiveron constancia do achado ao fío das 10,30 horas deste sábado no punto quilométrico 130.

Seguidamente, o 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Poio e ao servizo de mantemento da estrada.

Pola súa banda, fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) indicaron a Europa Press que permanece cortado un dos carrís en dirección Vigo para facilitar os labores dos servizos de emerxencias.

Con todo, estas mesmas fontes precisan que "non hai" grandes retencións na autoestrada porque a tal hora do sábado "hai pouco tráfico", aínda que a circulación se retardou.



Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta