A conselleira de Medio Ambiente, en corentena por contacto cun positivo en covid-19

É a segunda persoa do Goberno galego en gardar corentena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, deberá gardar corentena por manter contacto cunha persoa diagnosticada con covid-19.

Fontes da Xunta consultadas por Europa Press ratificaron que a conselleira atópase ben, pero ten que gardar corentena. Este luns á primeira hora Vázquez anulou toda a súa axenda pública.

"Por contacto cunha persoa positiva en coronavirus, debo gardar a corentena antes de retomar a miña axenda pública", trasladou na súa conta da rede social Twitter.

Vázquez é a segunda conselleira do Executivo autonómico que se ve obrigada a illarse por contacto cun positivo en coronavirus. Previamente, o pasado mes de setembro, foi o titular de Educación, Román Rodríguez, o que anunciaba que tiña que gardar corentena tras o contacto cun positivo na súa contorna persoal.

A conselleira Anxos Vázquez comparece no pleno.. Xunta de Galicia
A conselleira Anxos Vázquez comparece no pleno.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta