A Xunta sobre o apoio do BNG e Anova a independentistas xulgados: "é moi grave que ameacen aos tribunais"

Alfonso Rueda considera "moi grave" que estes partidos tente "presinar" aos xuíces.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/10/2020 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, considerou "moi grave" que partidos políticos apoien manifestacións que buscan "presionar" ou "mesmo ameazar" aos tribunais.

Así se pronunciou, preguntado tras un acto en Dozón, sobre a presenza de representantes do BNG e Anova na manifestación celebrada este domingo en Santiago en apoio aos 12 independentistas galegos que xulgará a Audiencia Nacional por suposto enaltecemento do terrorismo nun caso que procede da denominada 'Operación Jaro'.

"Eu, desde logo, o que non vou facer, nin vai facer a Xunta, é descualificar aos tribunais, como escoitei onte que se facía con cualificativos moi duros", recalcou. Neste sentido, incidiu en que os delitos dos que se acusa aos 12 independentistas galegos son "moi graves" e chamou a "deixar que falen os tribunais", que non deben "recibir ningunha presión".

Ademais, o vicepresidente primeiro da Xunta lamentou que haxa partidos que crean que, cando se vai a celebrar un xuízo, "o que hai que facer é insultar, ameazar, presionar ao tribunal". Por este motivo, considerou que "se retratan por si mesmos" e representan "todo o contrario ao que debería ser un entendemento democrático".

Nesta liña, Rueda remarcou que "non se pode admitir" que partidos políticos apoien manifestacións nas que se "falta ao respecto" e se tenta " presionar" e "mesmo ameazar" aos tribunais que van xulgar aos acusados.

En concreto, a Sección Terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional comeza a xulgar desde este luns a unha ducia de membros das organizacións Causa Galiza e Ceivar, que se enfrontan a penas de cárcere que oscilan entre catro e 12 anos por "enxalzar" e "xustificar" o ideario da organización terrorista Resistencia Galega. A Fiscalía pide ademais que se disolvan ambas as entidades independentistas.

Manifestación en Santiago en apoio aos independentistas procesados na Operación Jaro
Manifestación en Santiago en apoio aos independentistas procesados na Operación Jaro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Cando pós a dedo os xuíces que xulgan a túa corrupción, podes elevarte sobre a terra e botar discursos coma este...

1 Minhamamainhadoceo

A falta de respecto máis grande que vin á Administración de xustiza é o desleixo co que o conselleiro Rueda trata os tribunais galegos, sen dotalos dos medios persoais e materiais suficientes para ofrecer un servizo público digno. Aí está o exemplo dos xulgados de Viveiro para ilustrarse. Todo o demais é fume.