Ana Pontón critica que se estea a "criminalizar ideas" ante o xuízo contra independentistas

"Defendemos única e exclusivamente as vías democráticas e rexeitamos calquera tipo de uso da violencia pero tamén é certo que estamos a ver como hai operacións políticas que queren criminalizar ideoloxías", declarou a portavoz nacional do BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou a existencia de "operacións políticas" para "criminalizar ideas" e rexeitou o uso da Xustiza en contra dos "debates de ideas".

Así se pronunciou este luns ao ser preguntada pola posición do BNG en relación ao xuízo contra 12 independentistas galegos na Audiencia Nacional aos que se lle acusa dun suposto delito de enaltecemento do terrorismo.

"Defendemos única e exclusivamente as vías democráticas e rexeitamos calquera tipo de uso da violencia pero tamén é certo que estamos a ver como hai operacións políticas que queren criminalizar ideoloxías", sostivo Pontón.

A portavoz nacional do Bloque considerou que non se pode permitir que se utilice a Xustiza "en contra dun debate de ideas", un feito que, na súa opinión, está a verse en moitos casos como o das persoas da cultura que "están a ser xulgadas polas súas letras", ou as que "están no cárcere" por "defender ideas".

"E o perigo que hai neste momento é que a Xustiza se poida utilizar para perseguir ideas democráticas. Ese risco está aí e o BNG é tan contundente na súa denuncia á hora de non amparar calquera uso violento para defender ideas políticas" como "na utilización" da Xustiza para "criminalizar ideas".

Ademais, Pontón advertiu dunha "judicialización moi evidente da política". "No debate sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) está a verse, porque no fondo o debate non é como se despolitiza a Xustiza, senón como se reparten entre PP e PSOE Ese CGPJ", censurou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta