Temas: SEGURIDADE

Unhas 600 persoas identificadas e tramitadas 28 denuncias en controis pola covid-19 en 23 concellos

A Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 e o 18 de outubro a controlar o cumprimento das medidas vixentes para frear a expansión do virus.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Unhas 600 persoas foron identificadas e 28 denuncias foron tramitadas en 97 operativos postos en marcha pola Policía Autonómica en 23 concellos para o control das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias fronte á covid-19.

Controis realizados pola Policía Autonómica
Controis realizados pola Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta, que explica que a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 e o 18 de outubro a controlar o cumprimento das medidas vixentes para frear a expansión do virus.

En concreto, entre outros, levaron a cabo 17 dispositivos nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Ames, Boiro, Melide, Noia, Ordes e Porto do Son. No marco destes controis, os axentes realizaron 42 inspeccións, que deron como resultado a identificación de 38 persoas e a tramitación de 19 actas de infracción.

O departamento que dirixe Alfonso Rueda destacou que estes dispositivos se enmarcan no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada un no marco das súas competencias.

Nos operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos se cumprían as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, como o uso obrigatorio da máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como a capacidade e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Temas: SEGURIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta