Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 19:55
Os servizos de urxencias dos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezaron este luns a empregar test de antíxenos que ofrecen resultados nuns 15 ou 20 minutos, co obxectivo de "axilizar" un posible diagnóstico de coronavirus en pacientes con síntomas compatibles coa enfermidade.
Trátase dun test que se realiza no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra. É un "procedemento sinxelo", remarca a Xunta, que explica que se presentan en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para realizar as extraccións individualmente.
Segundo explica a Administración, as probas diagnósticas que permitan "a detección precoz" de novos casos de coronavirus son "indispensables" dentro das liñas "de actuación de vixilancia, prevención e control" da pandemia.
Os tests rápidos de antíxenos considéranse "fundamentais para axilizar a confirmación da sospeita diagnóstica nun paciente con cadro clínico de infección respiratoria". Por iso, o Sergas priorizou a súa utilización en persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.