'VII Premios da música Martín Códax' marcados pola Covid

A gala terá lugar este mércores 21 de outubro ás 21:00 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra e poderase seguir en streaming.

Por X.M. Fernández | Pontevedra | 21/10/2020 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Estes premios están promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo e nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.

Imaxe Premios Martín Códax da Música
Imaxe Premios Martín Códax da Música

A edición deste ano, que tiña que terse celebrado o pasado 6 de maio, tivo que ser cancelada e trasladada ao mes de outubro por mor da pandemia. A excepcionalidade marcada pola Covid provocou que non se poidese organizar a gala dos finalistas e a organización optou por facer encontros virtuais a través das redes sociais para dar a coñecer os proxectos a concurso. E este mércores 21 ás 21:00 h. terá lugar a gala dos premiados no Pazo da Cultura de Pontevedra e cun aforo moi reducido para uns cantos privilexiados.

Nesta VII edición destaca o número de inscritos, 581 proxectos presentados, e as 17 categorías escollidas para abranguer o máximo de estilos posibles. Un xurado profesional escolleu os 60 finalistas e os socios/as de Músicas ao Vivo foron os encargados/as de elixir aos premiados que se darán a coñecer na devandita gala.

A presentación destes Premios Martín Códax correrá a cargo da polifacética Inés Salvado Gontad, actriz, cantante, licenciada en Comunicación Audiovisual, graduada en Fotografía e en Interpretación e integrante dos grupos musicais DE VACASCoro Encaixe e a Cia de teatro A feroz.

Para seguir a gala en streaming: www.premiosmartincodaxdamusica.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta