O subdirector de Urxencias da área sanitaria da Coruña alerta de que a situación é "preocupante"

"Estas dúas últimas semanas a incidencia vai en aumento", asegura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/10/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O subdirector de Hospitalización e Urxencias da área sanitaria da Coruña e Cee, o neumólogo Pedro Marcos Rodríguez, cualificou de "certamente preocupante" a situación ante o aumento de casos por Covid-19.

"Estas dúas últimas semanas a incidencia vai en aumento", explicou aos medios de comunicación tras apuntar aos "serios problemas" rexistrados a finais do mes de agosto e a posterior "caída de número de casos e incidencia".

Así, admitiu que a situación é, para o hospital, "complicada" por ter que, por unha banda, "dar resposta a pacientes por Covid e, por outro, seguir atendendo as necesidades asistenciais de todos os pacientes que requiren atención clínico-asistencial e que hai que atender nas mellores condicións posibles".

Sobre o labor que leva a cabo no hospital, dixo que o "gran obxectivo" é "illar" ao Covid do resto do centro hospitalario e, aínda que manifestou que a "foto" no servizo de urxencias é distinta á do mes de marzo, alertou de "certa tensión" nestes momentos con taxas de ingresos "importantes".

De acordo cos últimos datos achegados este mércores, na área sanitaria da Coruña e Cee hai 60 pacientes ingresados: no Chuac, sete en UCI e 48 en planta; no Modelo, dous en UCI, no Quirón dous en planta e no hospital de Cee, un en planta. As altas elévanse a 27 e os pacientes en domicilio a 845, cun número de probas PCR realizadas de 1.307.

Punto COVID na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Punto COVID na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta