Anulada a ordenanza do Concello de Santiago de 2018 que permitía concertos en bares e pubs

O TSXG tamén indica na sentenza que a ordenanza impugnada "limítase a permitir de forma xeral calquera tipo de actuación musical, cualificándoa de servizo complementario".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a ordenanza aprobada en novembro de 2018 polo pleno do Concello de Santiago de Compostela que permite a bares, cafetarías, restaurantes e pubs a organización de eventos con música en directo.

Nun auto do pasado 13 de outubro, o alto tribunal estima, desta forma, o recurso interposto pola Xunta contra esa normativa municipal porque converte "en regra xeral o que só de forma extraordinaria e esporádica podería permitirse", segundo o marco legal da comunidade autónoma, para cuxa modificación o Concello de Santiago "carece de competencia".

A sección segunda da sala do contencioso-administrativo do TSXG condena ao Consistorio "á comunicación individualizada a todos os operadores que fixeron a declaración responsable" requirida na ordenanza para organizar eventos con música en directo de forma indefinida.

"A partir da firmeza desta sentenza, esas declaracións carecerán de eficacia para lexitimar a celebración de actuacións musicais en directo nos referidos establecementos", advirten os maxistrados.

Contra a resolución cabe interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo ou ante o TSXG, sempre que se acredite interese casacional.

"ILEXÍTIMA MODIFICACIÓN"

Os xuíces lembran na sentenza que a definición do catálogo autonómico non permite como actividade propia a realización de eventos que impliquen música en directo a este tipo de establecementos, polo que conclúen que a ordenanza "está a operar de facto unha ilexítima modificación dese catálogo".

Ademais, os maxistrados destacan que na normativa aprobada polo Concello compostelán non hai "ningunha limitación cuantitativa nin temporal ao desenvolvemento de tales actividades musicais, que se permiten sen introducir o requisito de que se desenvolvan con carácter extraordinario e só esporadicamente". Por iso, conclúen que contraviene "o marco legal autonómico, de superior xerarquía".

O TSXG tamén indica na sentenza que a ordenanza impugnada "limítase a permitir de forma xeral calquera tipo de actuación musical, cualificándoa de servizo complementario, coma se calquera actuación musical en directo fose calificable a priori como de escasa entidade ou incidencia".

Estudo de gravación A Ponte, reconvertido en sala de concertos en liña, en Santiago. A PONTE - Arquivo
Estudo de gravación A Ponte, reconvertido en sala de concertos en liña, en Santiago. A PONTE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta