Detectados 16 positivos en Santiago de Compostela logo do cribado en residencias e colexios maiores

A decisión do cribado tomouse no comité clínico da pasada semana, segundo indica o Sergas, para actuar "de forma precoz" ante a transmisión de casos entre estudantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

As novas probas realizadas en residencias e colexios maiores de Santiago de Compostela detectaron novos positivos que elevan a cifra a un total de 16 os universitarios contaxiados por COVID-19 na capital galega.

Este luns realizáronse test na Residencia Militar de Estudantes 'Tenente Xeneral Barroso', Arousa e Rosaleda, a 204, 45 e 44 mozos, respectivamente, cun positivo confirmado nesta última.

O martes, pola súa banda, os traballos realizáronse en 73 e 23 estudantes de Inmaculada e Cristo Rei, respectivamente, que se manteñen sen contagios.

A maiores, o venres detectouse un positivo na Estila, entre 36 probas realizadas entre os seus residentes.

Estas cifras únense aos 14 positivos xa coñecidos en residencias e colexios maiores de Compostela: tres no Burgo das Nacións, un en Fonseca e 10 en Xelmírez, ata agora o brote máis importante detectado desde o inicio de curso.

A decisión do cribado tomouse no comité clínico da pasada semana, segundo indica o Sergas, para actuar "de forma precoz" ante a transmisión de casos entre estudantes.

Con este fin trasladáronse tres equipos de enfermaría para realizar a toma de mostras para PCR, que se practicaron á práctica totalidade de estudantes destes centros (1.328 probas).

A Universidade compostelá foi a primeira en acoller este proceso, que arrincou esta semana nos seus homologas da Coruña e de Vigo.

PROBAS A TODO O ALUMNADO

A propia UDC está a realizar probas co test remitido pola administración, tanto en residencias como o resto de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.

O test arrincaron o martes no campus de Ferrol, a cargo de alumnado de 4º de enfermaría supervisado polos docentes, e realizarase no campus da cidade herculina a partir do xoves.

Do test remitidos, 11.649 serán para o campus coruñés e 1.945 para o de Ferrol; mentres que na USC usaranse 16.834 test no campus de Santiago e 3.039 no de Lugo.

No relativo á Universidade de Vigo, 8.646 test irán ao campus da cidade olívica, 3.502 ao campus de Pontevedra e 3.967 ao campus de Ourense.

Os reitores galegos e o conselleiro de Educación visitan as obras do edificio Fontán na CdeC. ÓSCAR CURRAL
Os reitores galegos e o conselleiro de Educación visitan as obras do edificio Fontán na CdeC. ÓSCAR CURRAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta