Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 19:47
Máis de medio millón de viaxeiros inscribíronse no rexistro posto en marcha pola Xunta a finais xullo, o que permitiu detectar un total de 1.604 casos de coronavirus entre visitantes e contactos estreitos.
En resposta a unha pregunta do PPdeG no pleno do Parlamento galego, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que o 86% dos visitantes viñan doutras comunidades e o 14% restante do estranxeiro.
Así, fixéronse máis de 10.000 PCR nas que se detectaron 951 positivos entre os viaxeiros. Ademais, o sistema de seguimento permitiu detectar 2.239 contactos estreitos e facerlles probas que arroxaron outros 653 casos de covid-19, ata o total de 1.604.
Por todo iso, o conselleiro fai unha valoración "moi positiva" do rexistro, que "chegou para quedar". De feito, asegura que "foi clave" para a promoción de Galicia como "destino seguro" e para obter un "mellor resultado que a media nacional" en relación co turismo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.