A Xunta defende que o bus compartido "é o máis seguro de todos os medios de transporte público"

O exconselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña é elixido como novo presidente da comisión de Ordenación Territorial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, defendeu que o autobús compartido --no que escolares viaxan con maiores-- "é o máis seguro de todos os medios de transporte público".

En resposta a unha pregunta do PPdeG na comisión de Ordenación Territorial, Mestre puxo en valor o protocolo de protección fronte ao coronavirus para o bus compartido, que fai que sexa "máis seguro que outros medios", entre os que citou o avión, tren e metro.

Mestre indica que este "rigoroso" protocolo fixa que os maiores deben ocupar as prazas dianteiras do bus, os escolares teñen que usar o mesmo asento nunha parte separada, mentres hai normas para entrada e baixada polas diferentes portas. Todo iso, "coas máximas garantías" de seguridade.

Así, relatou as diferentes actuacións postas en marcha pola Xunta nos últimos meses desde que o 13 de marzo presentase ás federacións de transporte as medidas de prevención. Ademais, remarca que recentemente se presentou un manual de seguridade viaria con 49 recomendacións para usuarios de transporte.

"CAÍDA DRÁSTICA" NO SECTOR

Así mesmo, Mestre sinalou que o sector "sufriu con moita dureza" o impacto da crise da covid-19, cunha "caída drástica" que leva a "baixos niveis de demanda e rendibilidade".

Actualmente, recuperáronse en Galicia a totalidade das liñas provinciais de transporte por estrada e o 80% das interprovinciais. Noutra orde de cousas, nesta comisión foi elixido como novo presidente o exconselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña.

Ignacio Mestre
Ignacio Mestre | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta