Teleoperadores denuncian que Atento obriga a volver ao traballo presencial

Critican que a medida se adopta sen ter consultado cos sindicatos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/10/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Membros do comité de empresa de Atento denunciaron ante Inspección de Traballo que a dirección da empresa obriga a un "número indeterminado" de empregados a volver ao traballo presencial tras teletraballar desde o estado de alarma. "Consideramos que é un castigo e non hai ningún motivo", denuncia un dos representantes, Manuel Creo.

En declaracións aos medios de comunicación ante da sede de Inspección de Traballo na Coruña, os membros de comité de empresa explicaron que a dirección se ampara nunha baixada nos seus "datos de calidade na atención" e censuraron que os obxectivos marcados son "arbitrarios" e non "negociados" cos representantes dos traballadores.

A través dun correo electrónico a empresa ordena aos traballadores volver á sede a traballar a partir do martes, día 27, o que Creo considera un "atropelo" debido á "crise sanitaria" e ao "escenario de máis restricións" dos últimos días. "Sáltanse os nosos dereitos de representación en canto a información e participación", engade.

Piden que Inspección de traballo "poñan freo á intención da empresa" e convocan ao persoal a un paro de 24 horas o luns, día 26, e a paros de dúas horas os luns e venres se non conseguen continuar co teletraballo.

Teleoperadores
Teleoperadores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta