Feijóo rexeita o toque de queda polo "impacto económico e reputacional" no resto do mundo

O presidente galego insinúa que é o Goberno central o que quere "impoñer" o toque de queda, unha medida que propuxo, curiosamente, a presidenta de Madrid, a popular, Isabel Díaz Ayuso.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

"Criterios pactados, si, toque de queda, no". Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta sobre unha proposta suxerida pola súa colega do PP e presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, pero que Feijóo utilizou para cargar contra o Goberno central por non ter "criterios únicos" para afrontar a pandemia no conxunto de España.

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA

De feito, o máximo mandatario galego reiterou en varias ocasións a súa oposición a impoñer "toques de queda" ou "estados de alarma" porque, dixo, "alarmarán máis á comunidade interancional" sobre a situación epidemiolóxica no Estado. Así, nun primeiro momento cargou contra o Goberno central, ao que tentou responsabilizar desta medida. "Non hai que facer isto porque o diga un ministro", dixo.Neste sentido, insistiu que tanto o toque de queda como o estado de alarma crean unha situación "insustentable" para a economía de España

Por iso asegurou, á espera das medidas que se concreten no marco do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), que "Galicia "volverá pedir lexislación que facilite a xestión da pandemia e tamén "criterios homoxéneos" que poidan ser de aplicación nas distintas zonas de España.

"Non pode haber 17 propostas distintas, e denominacións como estado de alarma ou toque de queda son impropias dunha situación que dura meses e prolongarase durante máis meses", sentenciou, tras a reunión semanal do seu Executivo, nunha rolda de prensa na que anticipou que Galicia --que remitiu unha proposta de lei orgánica de saúde-- "insistirá" en que se habilite lexislación que achegue "seguridade xurídica" e garántanse "criterios e solucións homoxéneas".

E POR QUE NON A PRESENTA O PP?

Preguntado por este medio porque non é o PP ou o seu líder, Pablo Casado, quen leva esta lei súa ao Congreso para a súa votación, Feijóo evitou responder á cuestión. "Non é este o momento de dicir o que falamos no meu partido", atallou ao tempo que tamén evitou, tras ser preguntado, responsabilizar da introdución do debate do estado de alarma ao seu partido e, concretamente, á presidenta madrileña.

"O que pido desde que se iniciou a pandemia é que teñamos criterios xerais para todos e non tomar decisións improvisadas", manifestou. Por iso, insistiu en non falar de "toque de queda" ou "estado de alarma", senón de "restricións en horarios nocturnos" que poida afectar puntualmente á mobilidade de persoas e á actividade económica.

De aí, xustificou, que Galicia exporá ao xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, que unha parte da Conferencia de Presidentes se adique a avaliar a situación, ademais de pedir lexislación e criterios "homoxéneos". "É fundamental esta Conferencia de Presidentes para falar da situación económica e da candidatura de España aos fondos europeos, pero o que está claro é que estamos nunha onda da pandemia, e volvemos outra vez aos problemas da primeira", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chonillos da Gz

Chonillos da Galiza. Unídevos todos. Xa non poderemos derrapar ás noites nos polígonos. Xa non poderemos derrapar ata o clímax nas explanadas diante dos pavillóns polideportivos. Non poderemos contentar ás nosas chonillas porque estarán tristes. A Galiza quedará deserta porque non procrearemos. Todos contra FakeJó e o centralismo de Pero Sanches. Os chonillos unidos nunca seremos vencidos. Sex, alcojol e roKanroll