Convocado pola Xunta o curso de formación específica para exercer o posto de dirección dun centro educativo

Desde o curso 2018-19, para exercer a función de dirección dun centro escolar é requisito obrigado contar cunha acreditación específica, que se obtén a través deste curso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convocou o curso sobre o desenvolvemento da función directiva nos centros escolares galegos, unha formación en liña de 150 horas que se pode desenvolver entre os meses de novembro e marzo.

A través desta actividade formativa, enmarcada dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado 2020-21, búscase proporcionar aos asistentes competencias xenéricas e específicas para levar a cabo a función directiva coa "maior garantía de éxito posible".

Isto é, destacou a Xunta, "que adquiran as competencias necesarias para o desempeño das funcións propias do posto de director" dos centros docentes públicos e sostidos con fondos públicos nos que se imparten ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006.

Desde o curso 2018-19, para exercer a función de dirección dun centro escolar é requisito obrigado contar cunha acreditación específica, que se obtén a través deste curso.

Este ano ofértanse un total de 200 prazas para todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan os ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006. O curso está estruturado en sete módulos nos que se abordarán distintos bloques temáticos, que será preciso superar para obter a certificación.

Esta acreditación é para aqueles casos que están a exercer de directores e cambian de centro ou para os que acceden o ano que vén á función directiva (non afecta por tanto, aos que son directores mentres continúen no seu posto no mesmo centro ata que esgoten mandato, ou que o renoven).

Doutra banda, quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes, quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncales, excepto o referido ao Proxecto de dirección, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á COVID-19. Non computará a efectos das prazas ofertadas.

Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

estes cursos o único que buscan son cargos diretivos SUMISOS e colaboracionistas coa Administración Educativa (se calquera director lera a lexislación e a fixera cumprir, a metade dos centros educativos en Galicia estarían PECHADOS!)