Abrente aplaude o diálogo de Vence con CxG e Anova

O voceiro do Bloque chama a "sumar forzas" contra as políticas do PPdeG. Abrente non pecha a porta a EU.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2013 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

Abrente, a corrente máis socialdemócrata dentro do Bloque, ve con optimismo os contactos informais iniciados entre o BNG e Anova. O grupo pide que se traballe de cara a consecución dunha "candidatura galega" para as eleccións europeas de 2014.

Público nun acto de Abrente
Público nun acto de Abrente

Segundo fontes de Abrente consultadas por Europa Press e que recollen varios medios, o obxectivo é artellar unha coalición "o máis amplia posible" na que mesmo poderían participar forzas non nacionalistas. "Non ten porque ser só de nacionalistas" declaran dende Abrente antes de destacar que cómpre evitar calquera "tipo de veto". Abrente aposta ademais por unha coalición que non necesariamente supoña ningunha integración orgánica das forzas participantes.

En teoría, estas condicións abren unha fiestra para lograr unha fronte amplia entre BNG, os socios nacionalistas de Alternativa Galega de Esquerdas (Anova e Ecosocialistas) e os socios non nacionalistas de AGE (Esquerda Unida e Equo).

Agora ben, cómpre ter en conta que a UPG -o partido máis numeroso no Bloque- descarta de entrada calquera coalición electoral con forzas que teñan o seu ámbeto de decisión fóra de Galicia como é, na súa opinión, Esquerda Unida ou Equo. O papel de Vence neste sentido é complicado, pois os postulados aprobados pola maioría da militancia do Bloque insisten en que a soberanía do país é a única vía realista para saíra da crise.

Abrente, en todo caso, aplaude o movemento a prol do diálogo lanzado por Xavier Vence, voceiro do Bloque grazas en boa medida ao apoio da UPG. Esta quenda de contactos preliminares inclúen a outro grupo nacido ao fío das escisións do Bloque, os socialdemócratas de Compromiso por Galicia, segundo a axencia citada.

Vence confirmou hoxe en rolda de prensa o diálogo con Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e unha próxima reunión formal entre as dúas formacións. Agora ben, Vence deixou claro que polo de agora só se trata dunha vía de comunicación para "sumar forzas" contra os recortes do PPdeG. 

O deputado Antón Sánchez (Alternativa Galega de Esquerdas) cualificou de "positivo" o diálogo entre Beiras e Vence. Iso si, o parlamentario deixa claro que polo de agora en Anova non hai decisión tomada sobre futuros pactos electorais máis aló do chamamento ao un "fronte amplo" en contra das políticas neoliberais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

13 DaCorunha

Galego língua da coalición, veto a participación nos actos de lideres españois, non presencia de bandeiras españolas en escenificación de actos (se alguen a leva pola sua conta dame igual), Galiza ambito de decisión....Se é así aínda se podería falar. Se nos vamos ter que comer as sucursais galegas (facendo sucursalismo) de partidos españois.., enton que non conten comigo.

12 Galician

Será capaz o nacionalismo: desde NÓS-UP e Causa Galiza até a socialdemocracia de CXG de iren unidos? Seica non pode haber en Galiza a parte de Ana Miranda (unha moi boa eurodeputada)a conformación dunha candidatura de personaxes importantes que a reforcen?: Beiras, Paco Rodríguez, Ferrín, Nogueira, Manolo Rivas, Suso de Toro, Bieito Lobeira...iso crearía ilusión e con moitas posibilidades de conseguir escano. De verdade, pensades que nos separan tantas cousas aos nacionalistas?

1 ssss

Mias do que pensas Galician, o nacionalismo galego afortunadamente e plural ideoloxicamente e organicamente, o ir todos xuntos e revoltos so transmite a sociedade a súa febleza, que cada quen arranxe a sua casa como poida, xa pasou o tempo de "todos somos iguais"

2 Comigo que non conten

Ollo ao que fan. Con determinados personaxes, coma por exemplo Bieito Lobeira, moitos non estamos dispostos a transixir. Se hai unha candidatura unitaria habería que fiar moi fino. Xa perdemos a inocencia.

3 ssss

Mui de acordo contigo, un servidor con determinados personaxes de Anova, que son como a peste negra e todo o contaminan asi que mellor sos que mal acompañados.

11 Arquiveiro

Paréceme ben que, aínda que cada partido vaia por libre localmente, se podan facer alianzas para as eleccións europeas; alí, Galicia ten que falar cunha soa voz e defender os nosos recursos e intereses.

10 rei

É o momento de ser prácticos e eficientes, e se non se acada a imprescibel unión non seremos capaces de lograr unha forza con capacidades reais para facer frente ao bipartidismo espanhol

9 sensato

GaIiza ceibe

1 Rarara

Poder copular