Feridas cinco persoas tras saírse da vía un vehículo en Ponte Caldelas

Ían os cinco nun veículo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/10/2020 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban na noite deste xoves no municipio de Ponte Caldelas.

Así o indicaron os profesionais sanitarios tras dar alerta ao 112 Galicia do accidente que se produciu sobre as 21,00 horas deste xoves na Rúa Augasantas, informou o servizo de emerxencias.

Unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu ao momento para atender aos ocupantes dun turismo, que presentaban lesións de diversa consideración a consecuencia do accidente.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, trasladou ao Hospital Montecelo a tres persoas: unha moza de 20 anos, C.P.R.; un home de 20, A.P.R.; e unha muller, M.C.R.M., de 44 anos. Pola súa banda, os xestores do 112 Galicia informaron á Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os detalles deste sinistro.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta