Un gromo nunha residencia de Viana do Bolo suma 12 positivos, seis residentes e seis traballadores

Fíxose un cribado masivo tras dar positivo un traballador.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/10/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un gromo na residencia de Viana do Bolo suma un total de 12 positivos, dos cales seis son persoas residentes e outras tantas persoas traballadoras, por mor dun positivo dun membro do cadro de persoal. Este concello ourensán situouse, segundo o mapa de alertas da Xunta, en nivel 1 por detectar entre 7 e 14 casos no últimos sete días.

O Concello de Viana do Bolo e a Fundación Valdegodos --a través dun bando municipal-- informaron de que, despois de detectarse un caso positivo en covid-19 nun traballador da residencia de maiores do municipio a finais da semana pasada, o Sergas realizou, nos últimos días, un "minucioso rastrexo" no centro.

Os resultados das probas PCR realizadas confirman tres novos positivos en tres traballadores e cinco residentes do centro. Xunto con isto, a residencia informou que durante a realización dun control interno por aparecer un positivo nun traballador, xa detectara outro caso positivo, que inicialmente foi illado dentro da residencia e que acabou ingresado no hospital comarcal do Barco de Valdeorras.

Ademais, neste primeiro cribado apareceron outros dous traballadores contaxiados e os tres son asintomáticos e atópanse confinados nas súas casas. Tras comunicar esta información ás persoas afectadas e familiares, o Concello fixo público que hai un total de 12 persoas contaxiadas, seis residentes e seis traballadoras.

TOMEN MEDIDAS DE PRECAUCIÓN

O Concello de Viana do Bolo quixo "alentar e confortar" aos traballadores, residentes e á dirección do centro para que "sigan tomando medidas de illamento e desinfección", en aras de que non aparezan novos casos.

Así mesmo, dirixiuse aos veciños para rogarlles que "implementen medidas de hixiene persoal e colectiva" --lavado de mans con auga e xabón ou hidroxel e uso de máscara--, así como a necesidade de "manter a debida separación" entre as persoas. Tamén instan a limitar ao máximo as reunións familiares e que non se realicen reunións sociais.

Tres mulleres na porta da residencia
Tres mulleres na porta da residencia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta