Cruce de acusacións entre PP e PSdG pola "ocultación" da conserveira Thenaise Provoté

Os socialistas acusan á administración de Feijóo de eludir informar sobre a situación da compañía, en concurso de acredores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A Xunta, a través do director do Igape, Fernando Guldrís, negou que a Administración autonómica manteña unha actitude de "ocultación" na situación que atravesa a conserveira Thenaise Provoté, que se atopa en concurso voluntario de acredores.

Así, fronte ás críticas lanzadas polo deputado do PSdeG Julio Torrado no marco dunha pregunta parlamentaria formulada na Comisión 6ª da Cámara galega celebrada este venres, Guldrís incidiu en que a Xunta "informa con máxima transparencia" e non ten "ningún ánimo de ocultación" sobre as negociacións para atopar un proxecto que dea continuidade á actividade da conserveira asentada no Grove e que pertence ao grupo de orixe romanesa Scandia Foods.

E é que, antes, Torrado puxera en cuestión a "transparencia" da Administración autonómica sobre este asunto, pois bota en falta máis "claridade" da Xunta "despois de tres preguntas parlamentarias, unha iniciativa e miles de reunións".

"Se isto termina cunha conserveira de Barcelona comprando (a fábrica) por unha cantidade irrisoria, mantendo a actividade e o emprego pero moito menos que agora, se iso ocorrese, é que agora xa teñen ese plan e non o queren contar", sentenciou o deputado socialista, que instou a "aclarar" se esta especulación ten base real.

En resposta, o responsable do Igape manifestou que manteñen "ua interlocución estable" co comité de empresa para explorar vías de futuro, que pasan por "ou ben" que o grupo Scandia Foods presente "unha solución industrial" ou que "se busque unha solución de continuidade cun novo propietario" que debe ofrecer un "plan viable e con solvencia".

Así as cousas, insistiu en que a Xunta "sempre estivo, está e estará" en procurar vías para dar continuidade á actividade da factoría pontevedresa sobre a que "sempre" se "informou con máxima transparencia" sen "ningún ánimo de ocultación".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara.. EUROPA PRESS - Arquivo
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta