Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/10/2020 | Actualizada ás 17:48
A CIG-Saúde denunciou á xerencia da área sanitaria de Santiago e O Barbanza ante a inspección de traballo por "incumprimento sistemático dos protocolos covid".
Segundo afirma a central, non dispón, entre outras cuestións, "de persoal diferenciado para zona covid e non covid", o que, afirma, "converte o persoal en vector de transmisión" do coronavirus a pacientes e outros traballadores da "zona non covid".
Por iso demanda "a adopción de medidas preventivas de carácter organizativo e que se establezan os plans de continuidade necesarios para a previsión de baixas laborais do persoal da UCI de adultos do hospital Clínico ante o esgotamento tanto físico como psíquico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.