O Concello de Santiago outorga máis de 900 bolsas escolares para comedor, material e actividades

Tamén deron luz verde a varios convenios de colaboración co ámbito social e cultural para o financiamento de eventos durante este ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago outorgou un total de 940 bolsas escolares, para comedor, material e actividades, que alcanzan unha dotación orzamentaria de 600.900,40 euros.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou este luns da resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares para o alumnado de centros públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil --segundo ciclo-- e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021.

Así, xunto con este asunto, o máis destacado da xunta de goberno celebrada este luns, tamén se deron luz verde a varios convenios de colaboración co ámbito social e cultural para o financiamento de eventos durante este ano.

Concretamente, en canto a bolsas de comedor, concedéronse 563 das 584 solicitadas, un 10,39 por cento máis que o ano pasado, cando se beneficiaron 510 escolares. Para estas bolsas, que están dotadas dun máximo de 90 euros ao mes, non hai lista de espera.

Das axudas de material escolar, cunha contía de 60 euros, beneficiáronse 277 menores. Na modalidade de conciliación, concedéronse bolsas para 100 escolares, 20 máis que o pasado ano. Estas axudas teñen asignada unha contía máxima de 45 euros ao mes e hai lista de espera de 14 persoas.

ESPORÁDICOS

Na súa intervención na rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas, o alcalde indicou que falta por resolver a cuestión dos escolares que acoden de forma esporádica a este servizo, debido ás medidas da covid-19, que obrigan a que coman cada día no mesmo asento.

"Estamos pendentes da consulta formulada á Xunta sobre os requisitos e as condicións que deben cumprir", manifestou o rexedor compostelán, quen tamén indicou que o nivel de usuarios é similar ao doutras cidades e está tamén condicionado polo feito de que, ao non haber extraescolares, algúns menores xa non fan uso do comedor porque se marchan tras a xornada ordinaria.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta