A Xunta quere aplicar xa en novembro a norma que desenvolve o 'decreto do aprobado xeral'

O obxectivo é elaborar un texto propio que permita apoiar a "calidade e equidade" do sistema educativo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade arrinca os traballos para elaborar a normativa de desenvolvemento do Real decreto de medidas urxentes en educación, o chamado 'decreto do aprobado xeral', co fin de contar cunha proposta "nun prazo moi curto" de tempo e poder aplicala xa no mes de novembro.

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Mira Lema, reuniuse este luns con representantes da inspección educativa e técnicos da Consellería como primeira toma de contacto deste grupo de traballo. O obxectivo é elaborar un texto propio que permita apoiar a "calidade e equidade" do sistema educativo e corrixir as "debilidades" da normativa estatal, moi criticada polo Goberno galego.

O titular de Educación, Román Rodríguez, trasladara unha queixa á ministra do ramo, Isabel Celaá, para lamentar a decisión, adoptada "de forma unilateral" e sen discutilo previamente coas comunidades autónomas.

O RD permite a un alumno promocionar de curso sen ter en conta o número de materias suspensas, unha medida similar á adoptada durante a suspensión da actividade lectiva presencial no confinamento iniciado en marzo. No entanto, a Xunta insistiu en que "o adecuado" será aplicar criterios "máis próximos" ao traballo habitual posto que en Galicia está a buscarse unha "presencialidad completa" salvo casos moi puntuais, polo menos no ensino obrigatorio. É por iso, que a normativa estatal, cre a Xunta, "pode xerar desigualdade" entre o alumnado ao ir "en contra" de principios básicos como "a cultura do esforzo e a motivación".

O secretario xeral de Educación, José Luís Mira, nunha reunión.. XUNTA
O secretario xeral de Educación, José Luís Mira, nunha reunión.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta