As directrices de ordenación do territorio da Xunta pon en valor medidas para revitalizar o rural

A conselleira de Medio Ambiente entrega ao presidente do Parlamento galego a sexta memoria, correspondente a 2019.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/10/2020 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que unha das conclusións que se recollen na sexta memoria de seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio, correspondente ao ano 2019, é a posta en valor das "capacidades do medio rural galego" e as medidas a este respecto do departamento autonómico.

O presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na entrega da sexta memoria das directrices de ordenación do territorio
O presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na entrega da sexta memoria das directrices de ordenación do territorio | Fonte: Europa Press

En concreto, unha das liñas estratéxicas da acción do Goberno galego está relacionadas "coa necesidade de fortalecer os núcleos tradicionais, o litoral e valorizar o territorio".

Neste sentido, a Memoria de 2019 destaca tamén a aprobación da Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana, que ten como obxectivo prioritario facer dos elementos propios da cultura arquitectónica galega factores de revitalización e dinamización de Galicia.

"Un texto normativo, que se completou con investimentos a través de diferentes programas impulsados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) como as vivendas de promoción pública rehabilitadas nos concellos de Betanzos, Lugo, Ourense e Cerdedo-Cotobade ou a compra de cinco edificios en estado de abandono co mesmo obxectivo a través do chamado Programa Rexurbe".

A Consellería fixo este balance tras a entrega, este luns, ao presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, da memoria das Directrices de Ordenación do Territorio por parte da conselleira.

"Con iso dáse cumprimento ás previsións normativas contempladas no artigo 11 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 176/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o plan de seguimento das citadas directrices", segundo informa o Parlamento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E non se lle cae a cara de vergoña ? Entre o PP racaneando como nunca, e o PSdG lanzado á especulación inmobiliaria para millonarios imos apañados ! https://twitter.com/00Gamela/status... Temos un Plan de Reconstrucción pendente (se a UPG tivese valor!) https://i.gal/gamela13