A Xunta dará a coñecer este martes como adapta o toque de queda a Galicia

Feijóo leva semanas defendendo que as restriccións deben ser diferenciadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

O comité clínico galego, que conforman unha trintena de expertos e que asesora á Xunta desde o principio da pandemia, mantivo este luns unha reunión na que se abordou como se adaptarán a Galicia as novas restricións decretadas polo Goberno central e se a Comunidade dará algún paso máis específico.

Fontes da Xunta ratificaron que, dada a duración da reunión, as decisións daranse a coñecer este martes, aínda que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, deu a entender que, polo momento, os datos non facían "imprescindible" un peche perimetral de Galicia, na liña dos pasos dados por outras Comunidades.

Á espera das decisións que se fagan públicas e como se concrete na Comunidade un toque de queda que o Goberno situou, de forma xenérica, de 23,00 a 6,00 horas, Feijóo defende desde hai semanas que as restricións deben ser diferenciadas e axustarse ao que aconsellen os datos epidemiolóxicos.

Así, ademais de cargar contra o estado de alarma e de volver esixir unha lei de saúde pública adaptada para xestionar a pandemia, lamentou que no seu toque de queda o Goberno autonómico non establecese diferenzas entre os ámbitos rural e urbano, situando idénticas restricións para "cidades de 300.000 habitantes e núcleos de cinco".

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa do Consello da Xunta celebrado o 1 de outubro de 2020. DAVID CABEZÓN
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa do Consello da Xunta celebrado o 1 de outubro de 2020. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cotilla

Ya os lo digo yo, de 12 a 6.