Máis de 50.000 fogares galegos sobreviven con todos os seus membros en paro

Son 3.100 máis que o ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminuíu en 3.900 unidades no terceiro trimestre respecto ao anterior, de modo que se situou en 53.200, segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En calquera caso, respecto ao mesmo trimestre do ano pasado, a cifra de fogares con todos os seus membros en desemprego é un 6,2% superior, con 3.100 máis. Pola súa banda, o dato de fogares en que todos os seus membros activos están ocupados aumentou en 2.800 unidades en variación intertrimestral, ata 607.800. En evolución anual, son 9.700 fogares menos con esta situación, un 1,6% menos.

PARO XUVENIL

Pola súa banda, dos 318.700 mozos (de entre 16 e 29 anos), 108.200 están ocupados (o 33,95%), 42.600 parados (o 13,37%) e 167.900 inactivos (o 52,68%). A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34% no terceiro trimestre de 2020, co que sobe dous puntos en relación co trimestre anterior e baixa 6,6 en variación interanual.

A taxa de paro xuvenil é do 28,2% neste trimestre, o que significa que aumentou 2,1 puntos en relación intertrimestral e 7,9 puntos na interanual. O 79,9% dos ocupados de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa, o que supón un aumento do 10,2%. Mentres, os mozos ocupados a xornada parcial baixan en 1.600.

En variación anual, retrocede tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 8.900 persoas) como a que o fai a xornada parcial (en 11.700). Dos 100.100 asalariados neste trimestre entre 16 e 29 anos, o 42% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O dato diminuíu un 2,1% respecto ao trimestre anterior e un 4,8% en comparación co terceiro de 2019.

Pola súa banda, os novos asalariados con contrato temporal aumentaron un 12,6% en taxa intertrimestral e caeron un 22,5% en variación interanual. Así as cousas, a taxa de temporalidade para o colectivo de mozos de entre 16 e 29 anos sitúase no 58%.

GRANDES CONCELLOS

O IGE tamén compara os datos do sete grandes municipios galegos: Lugo e Santiago son os que presentan as maiores taxas de ocupación, do 53% e do 52,8%, respectivamente, no terceiro trimestre. Pola contra, Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación, do 35,7%. No referido a a taxa de paro, este trimestre Ourense é o que rexistra menor valor (9,5%) e Ferrol, o maior (17,9%).

En Galicia había 880.600 asalariados no terceiro trimestre, deles 663.800 con contrato indefinido e os 216.700 restantes, temporal. Desta forma, son 1.800 asalariados máis con contrato indefinido e 28.700 máis contratados de forma temporal. En taxa anual, os indefinidos subiron un 2,9% e os temporais baixaron un 11,1%. A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados, situouse no 24,6%.

Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto.. Rosa Veiga - Europa Press
Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto.. Rosa Veiga - Europa Press

Datos da EPA sobre os fogares galegos. IGE
Datos da EPA sobre os fogares galegos. IGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta