Confinan unha "aula burbulla" de infantil en Santa María del Mar da Coruña polo positivo dun neno

O resto dos cativos están sendo atendidos no seu domicilio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Un positivo detectado nunha aula de infantil no colexio concertado Santa María del Mar, da cidade da Coruña, obrigou a confinar ao resto de alumnos do mesmo grupo.

En concreto, trátase dun alumno de 4º de infantil e a situación afecta a uns 25 escolares e a unha das docentes. A medida adoptouse debido a que este positivo se localizou nunha 'aula burbulla', de tres anos, na que os nenos non utilizan máscara durante as clases, polo que todos foron considerados contactos estreitos.

O resto de escolares están a ser atendidos no seu domicilio, segundo indican desde a dirección do centro a Europa Press, á espera dos resultados das probas PCR.

No entanto, a situación na escola é "normal" e este tipo de casos daranse "con máis frecuencia" da desexada. Neste sentido, as cifras que manexan "son moi baixas", a pesar de tratarse dun colexio cuns 1.600 escolares e máis de 200 adultos.

Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19. EUROPA PRESS
Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19. EUROPA PRESS | Fonte: MARÍA JOSÉ LÓPEZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta