O BNG considera "ilegal" o convenio que propón a Xunta sobre o novo hospital da Coruña e pide a súa retirada

Entre outras cuestións, os nacionalistas argumentan que o documento "non detalla os deberes que contrae a Xunta".

Por E.P. | A CORUÑA | 27/10/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña pediu á Xunta que retire a proposta de convenio co Concello da Coruña para a construción dun novo hospital na cidade por consideralo "plenamente ilegal".

Así o cualificaron en rolda de prensa o portavoz desta formación no consistorio coruñés, Francisco Jorquera, e a edil Avia Veira.

Tras a lectura dos informes técnicos que emitiron a Secretaría Xeral, a Intervención e a Asesoría Xurídica do Concello, o BNG conclúe que o convenio non é "aceptable nin xurídica nin politicamente".

Entre outras cuestións, argumenta "que non detalla os deberes que contrae a Xunta". "Non di canto vai custar o hospital nin que diñeiro vai pór o Goberno galego sobre a mesa e despraza ao Concello tarefas que escapan do seu ámbito competencial", expuxeron aludindo á obtención do chan necesario para a nova infraestrutura.

"Estamos a falar dunha actuación supramunicipal", recalcou Avia Veira para quen as expropiacións as debe financiar a Xunta e non o concello herculino. Por outra banda, considerou "abusivo" o convenio ao entender que se lle esixe ao consistorio un investimento directo "que excede con moito a súa capacidade económica".

Os concejalesdel BNG na Coruña Francisco Jorquera e Avia Veira en rolda de prensa sobre o novo hospital. BNG
Os concejalesdel BNG na Coruña Francisco Jorquera e Avia Veira en rolda de prensa sobre o novo hospital. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta