Reforzan as urxencias do Clínico de Santiago cunha nova sala de observación e con 40 camas máis

Tamén abarcan unha área de apoio cunha sala de traballo para profesionais sanitarios, vestiarios e áreas de limpo e sucio. O crecemento da superficie desenvolveuse cara a unha zona de terraza exterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou este martes a nova sala de observación do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que incrementa en 40 camas a súa capacidade de atención.

A obra realizouse --segundo remarca a Xunta nun comunicado-- "nun tempo marca", xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos enfermos covid e aos doutras patoloxías.

O importe final da actuación ascendeu a 1.657.362 euros e afectou a unha superficie de case 800 m2, que ademais dos 40 postos de atención aos enfermos, acollen un control de enfermaría, unha zona de preparación de medicación, farmacia, almacéns e baños.

Tamén abarcan unha área de apoio cunha sala de traballo para profesionais sanitarios, vestiarios e áreas de limpo e sucio. O crecemento da superficie desenvolveuse cara a unha zona de terraza exterior.

UN TOTAL DE 155.610 URXENCIAS ATENDIDAS

O servizo de urxencias do CHUS atendeu o pasado ano 155.610 urxencias, tanto pediátricas como de adultos, que contan cun espazo totalmente diferenciado.

No percorrido tamén estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez; o coordinador de urxencias, Plácido Mayán; e a supervisora de urxencias, Rosa Branco.

Feijóo visita urxencias do CHUS.. Xunta de Galicia
Feijóo visita urxencias do CHUS.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta