O Goberno confirma que as comunidades poderán levantar o toque de queda a partir do 9 de novembro

Xustifica que Sánchez non defenda a prórroga á alarma porque ten un cume, aínda que é pola tarde.

Por E.P. | Madrid | 27/10/2020 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A portavoz do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, confirmou que no novo decreto de prórroga, a limitación á mobilidade nocturna deixa de ser obrigatoria en todo o territorio e que as comunidades autónomas poderán decidir a partir do 9 de novembro --cando finalizan os primeiros 15 días de vixencia-- se manteñen ou desactivan o coñecido como toque de queda, tal e como explicaron fontes gobernamentais o domingo.

"O feito diferencial é que se suprime a vixencia actual para todo o país da denominada limitación ou restrición de mobilidade entre as 23.00 e as 6.00 horas", explicou Montero, en referencia a esta medida, que o decreto aprobado o domingo nun Consello de Ministros extraordinarios facía obrigatoria para todo o país menos para Canarias.

A ministra portavoz e de Facenda, María Jesús Montero
A ministra portavoz e de Facenda, María Jesús Montero | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta