'Nós arredor de nós', a homenaxe da Deputación de Ourense polos 100 anos da revista

'Nós arredor de nós' componse de catro libros individuais que se centran en catro escritores da xeración: Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense acolleu este martes a presentación dun novo libro en homenaxe aos 100 da revista Nós, 'Nós arredor de nós'.

O acto contou coa participación, ademais do autor Paco López Barxas; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, do editor José Luís Teófilo; e do ilustrador, o pintor Baldomero Moreiras.

'Nós arredor de nós' componse de catro libros individuais que se centran en catro escritores da xeración: Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou a importancia desta obra, "que rende homenaxe a unha xeración irrepetible, na que ten protagonismo a Auria de Otero Pedrayo, de Risco, de Cuevillas, de Losada Diéguez e mesmo de Castelao.

Todo iso, nunha semana crave na que se conmemora o centenario da revista Nós. "É unha peza pedagóxica e de fácil lectura" para todas as idades para "achegarse un pouco máis a estes autores", engadiu.

"UN ESTOXO"

O escritor referiuse a a peza como "un estoxo" que se conforma con catro monográficos, "catro creacións" cada unha delas centrada nun dos escritores e que "é unha homenaxe de luxo a unha xeración de luxo" que "saíu dun cenáculo ourensán". "Unha homenaxe feita con amor e admiración a estes homes que souberon pór a Galicia no mapa", apostilou.

Barxas manifestou que o escribiu en homenaxe pero, sobre todo, porque "se bota de menos un achegamento á xeración Nós", polo que procurou aproximar estas figuras "á mocidade e mesmo á poboación máis maior desconocedora destes personaxes ilustres".

Este catro pezas nárranse en primeira persoa baixo os títulos 'Arredor de nós e de Castelao', 'Eu son Otero Pedrayo', 'Eu son Risco' e 'Eu son 'Floro' Cuevillas' porque "eles teñen a voz pero tamén teñen a palabra". Deste xeito, expuxo que quixo a través da obra que fosen "os propios ilustres" da Xeración Nós "os que falasen das súas vidas".

Afirmou que se trata dunha edición conmemorativa coa que "homenaxear a aqueles que soñaron unha galeguidade universal sen a que non se entende Galicia hoxe".

Pola súa banda, o editor, destacou o orgullo de continuar "falando" dunha xeración da "que se manteñen vivas as súas inquietudes e o amor pola terra, reflectidas nesta peza".

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra informou de que celebrará o centenario da revista cunha proposta cultural, este xoves ás 19,30 horas no Pazo provincial, que se inclúe unha representaciónt eatral e un coloquio a modo de "viaxe no tempo" nos que as mulleres terán un papel clave.

"Ao contrario do que sucedía no século XX, hoxe as mulleres son as protagonistas da revolución cultural e en todos os ámbitos que vie Galicia. É un deber neste XXI darlles voz, como é unha obrigación visibilizar a aquelas mulleres silenciadas e que tiveron un papel fundamental a principios do século pasado", aseverou.

Ramón Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo | Fonte: Consello da Cultura Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta