Temas: EUSKALTEL R

Euskaltel gañou un 24,5% no ano da covid e a pesar dos problemas de R

Suma 52,1 millóns de euros a 30 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | BILBAO | 27/10/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Grupo Euskaltel alcanzou un resultado neto do exercicio a 30 de setembro de 52,1 millóns de euros, o que supón un 24,5% máis que os 41,9 millóns rexistrados nesta data o pasado exercicio. Unhas ganancias en pleno ano Covid grazas á "calidade dos ingresos e a xestión de control de custos realizado" e nun ano con grandes problemas de R, operador galego mercado polo grupo vasco.

A irrupción de Virgin telco no mercado superou, segundo Euskaltel, "todas as expectativas", crecendo en preto de 30.000 clientes no terceiro trimestre, o primeiro trimestre completo tras o seu lanzamento. En total, o Grupo Euskaltel conta con máis de 800.000 clientes de mercado masivo.

Este "sólido crecemento" na base de clientes do Grupo, tradúcese nun forte aumento dos ingresos, que crecen un 1,8% con respecto ao terceiro trimestre do 2019. É o catro trimestre consecutivo de crecemento en ingresos sobre o ano anterior, e o maior crecemento de ingresos da compañía nos últimos anos.

Os ingresos de Virgin telco creceron ata os 3 millóns de euros no trimestre, en liña co forte crecemento na base de clientes, que se prevé siga incrementándose nos próximos meses. Ademais, os ingresos do negocio tradicional da compañía experimentaron tamén un crecemento positivo do 0,1%, debido á "estabilidade dos ingresos por cliente e ao excelente comportamento do segmento de servizos para empresas", destacou.

Publicidade da compañía R
Publicidade da compañía R

Temas: EUSKALTEL R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta