Haberá confinamento de Santiago, Teo e Ames?

Os casos superan os 300 por cada 100.000 habitantes en Teo, o último concello da área en figurar en vermello no mapa de alertas covid

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/10/2020 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade analizou este mércores a situación epidemiolóxica na área de influencia de Santiago de Compostela ante o incremento de casos na capital galega e nos concellos limítrofes de Ames e Teo, onde a incidencia do covid-19 creceu nas últimas xornadas. E unha posibilidade que baralla a Xunta é confinar estas zonas se seguen aumentando os casos.

Na mañá deste mércores, os rexedores deste tres municipios --Xosé Sánchez Bugallo (Santiago), Rafael Sisto (Teo) e José Manuel Miñones (Ames)-- mantiveron unha reunión con videoconferencia co secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fontes, para estudar a situación na área da capital de Galicia.

Os tres concellos atópanse desde hai días en 'vermello' no mapa de alertas de Sanidade sobre a incidencia do virus. De feito, desde hai unha semana as reunións de non convivintes están prohibidas en Santiago e O Milladoiro --Ames--, onde, ademais, está restrinxido o uso do interior de cafetarías e bares.

En declaracións a Europa Press tras a reunión, o rexedor de Teo, Rafael Sisto, expresou que desde o seu consistorio ven lóxico que, ante o avance do virus, os tres municipios conten coas mesmas restricións dada a súa proximidade e os movementos de poboación que se producen entre si.

Sisto recoñece que a situación é "preocupante" tanto na área de Santiago como no concello que encabeza, no que se produciu "un importante incremento" de casos na última semana coa incidencia do virus por encima dos 300 activos por cada 100.000 habitantes.

Con todo, desliga que esta subida de casos estea relacionada co aumento das restricións no Concello de Santiago e que isto provocase que veciños da cidade acudisen a reunirse ou consumir en establecimienos de hostalaría en Teo, onde, polo momento, están permitidas as reunións de persoas non convivientes (máximo 5, como en toda Galicia) e o consumo no interior de bares.

Así as cousas, o comité clínico creado pola Xunta para a xestión da pandemia decidirá o venres se decreta novas restricións para a zona de Santiago ou outras áreas da Comunidade galega.

A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela, a inicios do mes de xullo.. EUROPA PRESS - Arquivo
A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela, a inicios do mes de xullo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta