Temas: PEAXES PGE AP-9 XUNTA

A Xunta celebra que os PGE recollan a bonificación de peaxes da AP-9 e que non sexan "promesas incumpridas"

A Xunta espera que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete a aplicación das bonificacións recollidas no Proxecto de Orzamentos Xerais e "estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios e non incrementen os beneficios da concesionaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

O Goberno galego celebrou este mércores que o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) "atenda, por fin, as demandas que a Administración autonómica" en relación coa AP-9, a supresión da peaxe de Redondela e rebaixas nas peaxes da autoestrada; e espera, "que nesta ocasión, non quede en promesas incumpridas".

Nun comunicado, o Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo reivindica que conseguiu, no ano 2018, o compromiso do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy, "da liberación da peaxe de Redondela que, ao fin, aparece recollido nas contas presentadas no día de hoxe ante o Congreso".

A Xunta espera que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete a aplicación das bonificacións recollidas no Proxecto de Orzamentos Xerais e "estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios e non incrementen os beneficios da concesionaria".

Á marxe, o Executivo autonómico lamenta "a ausencia de bonificacións na AP-53 e de partidas orzamentarias para infraestruturas estratéxicas para Galicia, tanto en materia de comunicacións viarias como no terreo das conexións ferroviarias dos portos ou nas estacións intermodais".

INVESTIMENTO

Así mesmo, lamenta que o proxecto de PGE para 2021 "rebaixe o investimento previsto para Galicia nun 11%" en relación aos últimos orzamentos aprobados polo Goberno anterior, e que quede en 832 millóns de euros, "a cifra máis baixa dos últimos 15 anos".

Por último, apunta que os orzamentos "crecen a costa de subir os impostos ás familias, aos autónomos e ás pemes", posto que a maior parte dos incrementos fiscais "non afectan aos que máis gañan nin aos que máis teñen", polo que "prexudica ás clases medias e ás empresas nun momento excepcional no que necesitan apoio".

Obras na ponte de Rande. EUROPA PRESS - Arquivo
Obras na ponte de Rande. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: PEAXES PGE AP-9 XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta